Monday 29 de April de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acollerá do 12 ao 15 de xullo un curso gratuíto da Xunta de Galicia de aplicador de produtos fitosanitarios


A Casa da Cultura de Lousame acollerá, do 12 ao 15 de xullo, un curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico, que será impartido de forma gratuíta pola Xunta de Galicia. Aqueles veciños e veciñas que desexen participar neste curso, que dá dereito á obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios, deberán anotarse no Concello de Lousame. O número de prazas é limitado, polo que se cubrirán por orde de inscrición.

O curso terá unha duración de 27 horas, entre o 12 e o 15 de xullo. Os horarios son os seguintes:
 12 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
 13 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas
 14 de xullo, de 16:00 a 21:00 horas
 15 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas